Na nosa Escola somos conscientes de que cada neno e nena presentan distintos estilos e ritmos de aprendizaxe, polo que requiren unha atención personalizada que lles axude a coñecerse a sí mesmos, potenciando ao máximo as súas aptitudes, e aceptando as súas dificultades aprendendo así a superalas. O noso papel como educadoras será, polo tanto, acompañar aos nenos e ás nenas nesta tarefa intentado potenciar a curiosidade e o interese polo que os rodea, dunha maneira lúdica, afectiva e positiva.
Aproveitamos ao máximo as oportunidades que nos ofrece o entorno e coidamos os espazos, xa que cremos que é importante que os nenos e as nenas da escola se relacionen, favorecendo así que desfruten de maneira colectiva e así aproveitando o enriquecemento que supón compartir espazos.
Para poder levar a cabo todo o anterior, contamos con distintos recursos didácticos especializados. Diariamente traballamos con Bits de Intelixencia (Método Glenn Doman) e diferentes métodos educativos de estimulación temperá para favorecer o desenvolvemento das áreas cognitivas e así poder traballar de forma equilibrada as intelixencias múltiples, e dedicarásselle especial importancia o dessenvolvemento da intelixencia emocional e traballar a través da experiencia.
Tamén iniciamos aos nenos e ás nenas na lingua inglesa, a través de actividades lúdicas, cancións, contacontos, e vídeos educativos, xa que é sabido que canto máis cedo sexa a idade na que o alumnado comece a recibir contacto coas linguas secundarias maior facilidade obterá á hora de aprender unha lingua en etapas posteriores, xa que os nenos e ás nenas, nos primeiros anos de vida, son como esponxas lingüísticas.
Uniformidade |
![]() |