Oferta educativa

O colexio Fogar de Santa Margarida oferta todas as etapas educativas, dende 1º ciclo de Educación Infantil ata o Bacharelato, ademais dun Ciclo Formativo Básico e un Ciclo Formativo Medio de Formación Profesional. En cada nivel educativo contamos con tres grupos agás en Bacharelato, que a oferta é de dous grupos por curso, e nos Ciclos Formativos, que a oferta é dun so grupo por cada curso.

O PIPE é un plan de plurilingüísmo que oferta o centro e que trata de potenciar e mellorar a ensinanza de idiomas mediante actividades complementarias  e extraescolares realizadas fóra do horario lectivo. A oferta de PIPE vai dende Educación Infantil ata Bacharelato.