Orientación académica e profesional

No Fogar de Santa Margarida consideramos fundamental acompañar ao alumnado na toma decisións sobre a súa educación, formación e profesión, así como a xestionar a súa traxectoria profesional.

Unha toma de decisións responsable virá condicionada polo nivel de autocoñecemento (aptitudes, emocións, valores,…) e identificación dos intereses profesionais, así como tamén polo coñecemento da oferta formativa e as condicións de acceso aos diferentes estudos. 

Ao longo de toda a escolaridade, as actuacións enmarcadas na acción titorial, desenvolvemento do Plan de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional, así como tamén o tratamento de elementos transversais como o esforzo e iniciativa persoal, espíritu emprendedor e sentido crítico entre outros, contribuirán ao progresivo coñecemento dun mesmo, pero será na educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria cando a orientación académica e profesional será tratada dun xeito máis amplo e explícito.

No marco da orientación académica e profesional, algunhas das actuacións que habitualmente se levan a cabo no Centro son as seguintes:

  • Realización de cuestionarios sobre preferencias profesionais.
  • Elaboración de cuestionarios sobre aptitudes.
  • Participación no programa “A Ponte entre o ensino medio e a USC”.
  • Visita ás UDC e USC.
  • Participación nas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP) organizadas polo Concello da Coruña.
  • Organización das Xornadas de Orientación Profesional (XOP) propias do Centro.