A nosa escola, como centro diocesano, realiza a súa misión evanxelizadora a través da educación.
A organización pastoral pretende contribuír a facer do noso centro un verdadeiro lugar de "Nova Evanxelización": no que se eduque dende o humanismo cristián, se vivan coma comunidade educativa os valores cristiáns e se celebre gozosamente a liturxia, de xeito que sexamos axentes de transformación social.
Para todo isto, preparamos actividades nos catro ámbitos pastorais para toda a comunidade educativa.