O Plan Lector do Centro somos unha comisión nacida no ano 2013, que cremos firmemente na lectura como ferramenta fundamental para o crecemento e o desenvolvemento das persoas. Desde esta perspectiva, asumimos que o mellor camiño para crear lectores é espertar o pracer pola lectura. Nesta liña, pensamos que resulta fundamental deseñar un Proxecto de Animación Lectora, coidadosamente planificado, que teña a biblioteca escolar como auténtico eixe e que logre implicar a toda a comunidade educativa (alumnos, docentes, bibliotecarios, familias...). Para levar a cabo este labor, contamos cun equipo no que están presentes membros de todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato), así como do Departamento de Orientación e de Pastoral.
Xulián Barros Reimúndez
María Purificación Otero Abadín
Iria María García Silva
Agustina Eiriz Suárez
Ana Real Otero
Caridad Pintor Costoya
Miguel Mosquera Villasante
Paula García Rego
Carolina Gabín López
Xosé Manuel Varela Varela
Brais Rodríguez Verde
Pablo Quintá García
Inés Sixto García
Óscar Nogueiras Núñez
Paulino Pais Barreiro