Equipo de pastoral

Un reducido grupo de profesores e axentes de pastoral compoñen este equipo de dinamización pastoral no noso centro.

Reúnese ordinariamente: a principio de curso para elabora-lo Plan Pastoral de Centro, no fin do 1º e 2º trimestre para avalia-las accións pastorais e propoñer melloras, e a fin de curso para face-la avaliación final da acción pastoral e elabora-la Memoria de Pastoral.

Debe ter especial coidado de:

  • Manter unha boa coordinación cos estamentos diocesanos e eclesiais.
  • Reunirse co párroco do centro e do barrio, e cos equipos de traballo pastoral do arciprestado, zona pastoral,...
  • Participar na presentación do Plan Diocesano de Pastoral, do curso catequético diocesano, do curso das OMP,…
  • Coordina-la nosa participación en accións pastorais das distintas delegacións diocesanas ou en celebracións na cidade nos tempos de advento, pascua,...
  • Presentar á comunidade educativa as accións pastorais.
  • Coordinarse convenientemente co Departamento de Orientación.
  • Coida-lo desenvolvemento das directrices de calidade pastoral.

Para contactar co equipo de pastoral podedes escribir a pastoral@fhsm.es