É de carácter OBRIGATORIO o uso do uniforme escolar todos os días e para todos os alumnos e alumnas.
Este uniforme consta de:
- Mandilón
- De cadros tipo vichy en azul e branco con detalles en cor granate. Debe vir marcado co nome e primeiro apelido do neno/a por fóra, e cunha cinta para poder penduralo das perchas.
- Levarase para lavar na casa os mércores e os venres.
- Chándal
- Pantalón azul mariña co escudo do colexio.
- Chaqueta azul mariña, co distintivo FSM na parte dianteira.
- Camiseta
- A camiseta debe ser de cor branca e mangas azuis.
- Calzado
- Deportivo, de cor branca e de velcro. Non están permitidos os cordóns.
- Unha mochila ou bolsa para levar e traer todos os días a axenda (que vos proporcionaremos nós en setembro) ao colexio.
- Todo o alumnado debe traer cada luns á escola unha botella de auga con tapa adaptada para favorecer a autonomía do alumnado.
- Todo o alumnado debe traer nunha bolsa unha muda completa (body - camiseta - braga ou calzón, pantalón, suadeira, camiseta exterior, calcetíns) para deixar na escola por se fixera falta nalgunha ocasión.
- Unha foto actual tamaño carné.
O alumnado que faga uso do comedor precisará de forma obrigatoria:
- Babeiro plástico, impermeable e con mangas, que se levará a lavar todos os días.
O alumnado que faga uso da sesta precisará de forma obrigatoria:
- Manta ampla e adaptada á época do ano na que nos atopemos, e unha bolsa para poder gardala na escola. Levarase a lavar os venres.
Lembrade que todo o que se traia á escola debe vir marcado co nome e primeiro apelido.
Tendas
El Uniforme. (Pulse AQUÍ para acceder directamente ós NOVOS UNIFORMES do noso centro na súa.)
