Actividades extraescolares

ART ATTACK INFANTIL: As clases son impartidas pola monitora Giovanna Lopalco, diplomada en debuxo animado e cine no centro Sperimentale de Cinematografía de Turín.

ART ATTACK PRIMARIAAs clases son impartidas pola monitora Silvia Khel, con ampla experiencia en técnicas escultóricas, mosaico, aexila, cerámica...

ATLETISMOEsta actividade realízase no Pazo dos Deportes e é impartida por Vicente Veiga (maestro de Educación Física do colexio) e Elena Souto.

BAILE GALEGO: Se queres saber máis das danzas e músicas tradicionais esta é a túa actividade. As clases son impartidas pola Asociación Cultural DONAIRE.

BAILE MODERNO: Un equipo de profesoras e bailarinas da escola de danza Artestudio encargaranse de crear animadas coreografías. Se acadamos o número de participantes mínimo que nos esixe a organización, participarán no festival INTERCENTROS.

CIENCIA DIVERTIDA: As clases son impartidas pola profesora Silvia Kehl Díaz, licenciada en Bioloxía. Os nenos experimentarán coa física, bioloxía, química, xeoloxía... Os participantes nesta actividade encargaranse do stand no colexio no DÍA DA CIENCIA NA RÚA.

CLUB DE TEMPO LIBRENesta actividade realizaremos unha ruta de sendeirismo ao mes, traballando de xeito divertido o coidado do medio ambiente. As rutas e saídas estarán guiadas e supervisadas pola especialista en medioambiente e licenciada en Bioloxía, Silvia Khel.

CORO: As clases son impartidas pola profesora de música do centro, Iria Pérez, antiga alumna do centro e especialista en Ed. Musical.

DANZA E MOVEMENTO: Un equipo de profesoras e bailarinas da escola de danza Artestudio encárgase de xogar e investigar cos nenos e nenas a través da danza e o movemento.

DEBUXO E PINTURA: As clases son impartidas pola monitora Pilar Marcó Padín, licenciada en Belas Artes e especializada en Ilustración pola escola Massana de Barcelona.

DEFENSA PERSOALMembros da Policía e da Federación Galega de Lucha son os encargados de impartir esta actividade.

ESCOLA DE CINEApetéche crear as túas propias curtas? Nesta actividade serás cámara, iluminador/a, sonidista, guionista, actor, actriz, editor/a... Achégate ao 7º arte, experimentando a produción e dirección de documentais, clips e metraxes cinematográficos. Esta actividade é impartida polo monitor Hugh McGinley, realizador de actividades audiovisuais, a nivel de documentación, materiais, gravacións...

ESCOLA DE MÚSICOSEsta empresa situada o carón do centro é a encargada de impartir as actividades de: Piano, Guitarra Eléctrica, Batería, Canto e Iniciación Musical. Os prezos destas actividades son as seguintes:

Iniciación Musical

Piano Primaria

Canción Primaria

Batería Primaria

Guitarra Eléctrica Primaria

Piano Secundaria

- Canción Secundaria

Batería Secundaria

Guitarra Eléctrica Secundaria

* Os grupos de instrumento serán de 3 - 4 alumnos como máximo.

* En función do avance dos alumnos existe a posibilidade de engadir unha hora de grupo instrumental os venres.

FÚTBOL SALA: As clases son impartidas por Roberto Añón, ex-alumno, profesor do centro e xogador en activo de fútbol. Santiago Silva e Iago Astray, ex-alumnos, adestradores e xogadores de fútbol. Ana Lago, xogadora e adestradora do 5 Coruña de fútbol sala. Santiago Iglesia Vicente (Vicen), ex-alumno e ex-adestrador das categorías inferiores do Victoria F.C.  Os nenos de maneira voluntaria poderán participar nos Torneos do Calasanz e do Liceo repreentando ao Fogar.

HÓCKEY: As clases son impartidas por xogadores e adestradores do Athletic Coruña de Hockey. Dependendo da dispoñibilidade de xogadores, participarán en diferentes torneos ao longo do curso.

JUDO E XOGA JUDO: Se queres formarte no deporte do JUDO e avanzar xogando e aprendendo os valores desta arte marcial, anótate. As clases son impartidas, como os anos anteriores, por Miguel Ramos Nieto, adestrador Nacional 3º DAN e Rafael Souto Saavedra, adestrador Nacional 3º DAN . Os nenos e nenas participantes nesta actividade participan ao final do ano no TORNEO MIGUELITO, afamado evento na Coruña, onde os nosos judokas amosarán as súas habilidades aprendidas durante o curso (Abril).

LUCHA OLÍMPICAMembros da Policía e da Federación Galega de Lucha son os encargados de impartir esta actividade.

MAXIAEsta actividade está a cargo do mago Martín Camiña.

NENOOS EMPRENDEDORES: As clases son impartidas pola empresa Nenoos. Os rapaces desenvolverán as competencias para ser unha persoa con iniciativa: creatividade, aprendizaxe, pasión. Tamén aprenderán contidos relacionados coa economía e as finnanzas.

NENOOS WRITING CLUBAs clases son impartidas pola empresa Nenoos. Os rapaces desenvolverán as competencias para mellorar a lectoescritura e aprendizaxe de mecanografía.

PATINAXE: Queres aprender a patinar? Nesta actividade poderás comezar a patinar dun xeito lúdico. As clases son impartidas pola monitora Laia Navarrete, xogadora e adestradora de Hóckey a patíns no Liceo H. C.

PLANETA CIENCIAAs clases son impartidas pola profesora Silvia Kehl Díaz. Licenciada en Bioloxía. Os nenos experimentarán coa Física, Bioloxía, Química, Xeoloxía... Os participantes nesta actividade encargaranse do stand do colexio no DÍA DA CIENCIA NA RÚA.

ROBÓTICA: As clases son impartidas pola empresa Rockbotic. Esta é unha empresa especializada na prestación de servicios educativos de robótica.

SURFActividade realizada na escola Son do Mar (Bastiagueiro). Venres tarde para Secundaria e sábados tarde para Primaria. Prezo 

TEATRO E XOGO TEATRAL: As clases son impartidas polos profesores Ramiro Neira, Luís Esmorís e Carolina García. Este equipo multidisciplinar está coordinado por Ramiro Neira, actor e director de teatro en diferentes compañías, coordinador de la Muestra de Teatro Escolar del Ayuntamiento de La Coruña. Os nenos e nenas participantes nesta actividade actuarán de forma voluntaria no Certame de Teatro Candilejas.

TALLER DE XOIARÍAAs clases serán impartidas pola profesora Silvia Kehl Díaz. Neste taller aprenderás a deseñar e creas as túas propias pulseiras, pendentes, colgantes e complementos con materiais de todo tipo.

XADREZ: As clases son impartidas pola mestra Jelena Strikovic, mestra de xadrez en diferentes clubes e centros educativos da cidade. Os nenos e nenas participantes nesta actividade poden participar de forma voluntaria ao longo do ano en varios torneos da cidade con rapaces e rapazas doutros clubes e colexios.

XIMNASIA RÍTMICA: Da man do Club de Ximnasia Rítmica, Ximnasia Coruña, podes introducirte neste mundo participando nesta actividade.

CUSTO DAS ACTIVIDADES

Consultar no centro o custo, horario e dispoñibilidade das actividades no curso actual.

1º pagamento (outubro, novembro e decembro) pasarase en novembro.

2º pagamento (xaneiro, febreiro e marzo) pasarase en febreiro.

3º pagamento (abril e maio) pasarase en abril.

Novas

Maratón de fútbol sala

O sábado disputouse, como xa é habitual desde fai moitos anos, o maratón de fútbol sala de Educación Primaria.

O equipo de Hockey 3º de Galicia

O noso equipo de hockey do Fogar acaba de acadar o 3º posto no campionato galego.

Campións!

O equipo Prealevín do Fogar de Santa Margarida acábase de proclamar CAMPIÓN do "I Torneo Franciscanas de Fútbol sala".

Ruta de sendeirismo nas Fragas do Eume

O domingo realizamos a última ruta de sendeirismo do curso. Para clausurar este marabilloso ano pasamos o día enteiro en familia realizando diferentes actividades.

Clausura do Torneo Calasanz na categoría biberón

O sábado 19 de maio rematou a Torneo Calasanz na categoría biberón onde participaban nenos de 4 e 5 anos de idade.