Convivencia - Noticias

Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria axudan a reducir os conflitos nos patios

Os/as alumnos/as de 5º e 6º de Primaria anotados/as ao Servizo de Mediación xa están a colaborar nos patios de Primaria.

Tras recibir unha primeira formación, os/as alumnos/as de 5º e 6º de Primaria anotados/as ao Servizo de Mediación xa están a colaborar nos patios de Primaria.

Están comenzando unha nova aventura, na que moitos deles/as xa participaron o curso pasado. Neste camiño como futuros/as mediadores/as, encárganse de axudar a resolver pequenos conflitos dos nenos/as de Primaria, de poñer en práctica as técnicas de resolución de conflitos aprendidas, a escoita activa, así como numerosas estratexias e habilidades que lles axuden a ser capaces de buscar solucións e axudar aos seus compañeiros/as.

 

 

Moita sorte nesta nova aventura! Grazas pola vosa colaboración!