Convivencia - Noticias

Entrega de Diplomas de Mediación Escolar

O pasado venres 9 de xuño celebrouse a entrega de diplomas do alumnado que logrou, tras a formación recibida, o  certificado que os habilita para intervir no noso colexio como mediadores ou mediadoras

Un total de 20 mozos e mozas acompañados polos membros do Equipo de Mediación, constituído o curso pasado, coordinadoras e estudantes, déronse cita nun acto presidido polo director pedagóxico Marcos Díaz, quen tivo unhas emotivas palabras para os presentes, enxalzando o esforzo que realizaron tanto os que estiveron en etapa de formación como os que colaboraron e interviñeron a favor da convivencia positiva no Fogar.

Tras unha bonita cerimonia dirixida por Rafael Casás e as mensaxes ofrecidas polas coordinadoras do Servizo e algunhas das alumnas veteranas, péchase o encontro coa intervención de Paula Manteiga, que recibiu aos seus novos compañeiros/as cantando Thinking out loud.

Unha choiva de aplausos de alumnos/as e de profesores/as indicaron o final da celebración, dando paso a unha reunión máis informal na cafetería onde degustamos un tentempié cuxo principal sabor foi o compañeirismo.