Convivencia - Noticias

Paseo e praia para o alumnado de apoio e convivencia!

O alumnos e alumnas de apoio e convivencia despediron o curso de ruta polo paseo marítimo e a praia das Lapas.

Un ano máis, os alumnos e alumnas que asisten á aula de apoio e/ou convivencia despediron o curso escolar de ruta polo paseo marítimo ata chegar á praia das Lapas (Torre de Hércules) onde gozaron dunha mañá de relax e bo humor, acompañados por un sol radiante que convidou a máis dun a darse un baño ou camiñar pola beira.

Boa compañía, diversos temas para falar, música, anécdotas, corpos ao sol, outros que buscaron a sombra, chapoteos no mar… acadaron que as horas parecesen minutos e que nun abrir e pechar de ollos estivesen de volta no Fogar.

Unha mañá estupenda, mozos e mozas!