Convivencia - Noticias

Ti es único/a!

O alumnado de 1º a 5º de EPO levou a cabo durante as últimas semanas un taller de Autoestima dentro do horario de Educación Emocional.

O autoconcepto sérvenos para valorar e recoñecer as nosas habilidades e limitacións. A imaxe que temos de nós é moi importante para o desenvolvemento da autoestima.

A través de diferentes dinámicas individuais e de grupo cada neno/a expresou sentimentos positivos cara a sí mesmo e cara aos demais. Vivimos momentos moi emocionantes en cada aula. Houbo risas e houbo bágoas. Bágoas de emoción!

Saímos convencidos/as de que debemos confiar en nós e de que é moi importante recoñecer e valorar todas as características positivas que temos e que teñen os nosos/as amigos/as, axudando así a fortalecer a nosa amizade e o noso desenvolvemento persoal e social.

Somos especiais, únicos/as e irrepetibles!