Convivencia - Noticias

Última titoría do curso!

Queda pouquiño para terminar as clases, tan pouquiño que en 1º ESO C xa tiveron a súa última titoría!

Deixando de lado o nerviosismo dos exames e o cansazo acumulado, as risas e os xestos de agarimo fixeron presenza neste peche sorpresa. Coma se tratásese dunha gala dos Óscar, os nosos queridos mozos e mozas votaron ao alumno/a máis simpático/a; ao mellor compañeiro/a e ao máis traballador/a. Os gañadores/as das diferentes categorías foron:

- Alberto Pardo como o máis simpático.

- Yesenia Hernández como a mellor compañeira.

- Laura Varela como a máis traballadora.

Os tres recolleron o seu diploma e ofreceron unhas palabras aos demais presentes. Os discursos brindados polos premiados/as incluíron agradecementos entre sorrisos, mensaxes amigables e consellos para levar ben estes últimos días de exames.

Aínda que se poderían engadir moitas outras categorías e dar máis premios, hai unha que non podía faltar… e esa é a que se lle concede a Patricia Zapata como a mellor titora! Recordo que leva asinado polos alumnos/as deste curso 2016/2017.

E como todos e todas se merecen mensaxes bonitas, que mellor que plasmar en follas as opinións persoais para que cada un/a de eles/as saiba o que significan para o resto de compañeiros/as.

Botarémosvos de menos!