Convivencia - Noticias

Finalizan as sesións de formación de mediadores de Primaria

Despois de varias sesións de traballo cos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, rematamos a nosa primeira formación en mediación neste curso.

Este curso contamos cun grupo de rapaces/as moi comprometidos/as, cheos/as de ideas, con ganas de mellorar e de traballar.

Un grupo que se define a sí mesmo como “Picoli Mediatori”, e que non se cansan de adicar o seu tempo libre a traballar cos seus compañeiros/as na “Orella Parlante”, tratando de mellorar a escoita activa do alumnado e intentando reducir o número de conflitos e malentendidos nos patios de Primaria.

Grazas unha vez máis polo voso esforzo e dedicación e por estar pendentes do benestar dos vosos/as compañeiros/as.

Noraboa polo voso traballo!