Convivencia - Noticias

Investigamos o papel da muller na sociedade

Durante o segundo trimestre, seguindo co tema do proxecto dos talleres de enriquecemento de Primaria deste curso, "como pasaron os anos", centrámonos no cambio que experimentou o papel da muller co paso do tempo.

Empezamos a nosa investigación vendo e analizando uns anuncios publicitarios dos anos 60. Neles, o alumnado puido observar como o papel da muller asociábase directamente ao coidado dos fillos/as, ás tarefas do fogar, e a estar guapa e pendente do regreso do marido. 

A continuación, fixemos unha choiva de ideas sobre os traballos que podían realizar as mulleres nesa época e, en xeral, do seu papel na sociedade. 

Cunha dinámica moi divertida de intercambio de roles, concluímos que tanto homes como mulleres poden desempeñar calquera traballo. 

Baseándonos no anterior, os alumnos/as pensaron en actividades que fixeron os homes antes que as mulleres e investigamos respecto diso.  Confirmamos con iso que as mulleres empezaron a facer determinadas actividades, moito máis tarde que os homes e debatemos sobre isto.

Para plasmar esta información  e facer máis visible esas diferenzas, elaboraron unha linea do tempo.

Durante a última semana, antes das vacacións, e enlazándoo coas clases de Educación Emocional, os alumnos /as do taller expuxeron e explicaron a liña do tempo e todo o traballo realizado este trimestre a cada unha das clases de Primaria. 

Falamos da igualdade entre homes e mulleres, das desigualdades que sufría a muller ata a actualidade, da imaxe da mesma na publicidade, etc. 

Aquí deixámosvos algunhas fotos de todo o proceso. E agora...a empezar un novo trimestre e a seguir investigando "como pasaron os anos para...?"!