Convivencia - Noticias

O Panel dos Sentimentos...como te sentes?

O noso alumnado de Educación Infantil e Primaria aprende a identificar día a día o seu estado emocional.

Neste mes de abril estamos a poñer en marcha, tanto en Infantil como en Primaria, novos puntos para mellorar a convivencia no Centro.

Entre eses puntos está o Panel dos Sentimentos,  o cal recolle diversos estados emocionais cos que os/as alumnos/as poden sentirse identificados.

Cada día, os/as nenos/as deberán sinalar, cunha pinza de madeira personalizada e decorada por cada un deles, o estado emocional no que se atopan.

Esta dinámica facilitará ao alumnado expresar como se sinte cada día e, por outro lado, axudará aos docentes a percibir cal é en cada momento o clima emocional da súa aula.