Convivencia - Noticias

O alumnado de Primaria súmase ao Servizo de Mediación

O Departamento de Orientación amplía a formación do Servizo de Mediación a 5º e 6º de Primaria.

Partindo da experiencia do Servizo de Mediación de Secundaria, e contando coa colaboración e participación dos/as alumnos/as mediadores/as desa etapa, o Departamento de Orientación pon en marcha un servizo de mediación con alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Este alumnado está recibindo formación, fóra do horario escolar, sobre a resolución de conflitos, a escoita activa, o proceso de comunicación... co fin de desenvolver actitudes de respecto e de axudar na mellora da convivencia no Centro. 

Unha das primeiras tarefas das que se están encargando os/as nenos/as de 5º e 6º é de a de poñer en marcha os puntos de axuda que acabamos de colocar nos patios. Neles axudan aos seus compañeiros/as a solucionar pequenos conflitos que se poidan producir no horario do recreo ou de comedor. 

Moitas grazas a todos/as estes rapaces/as polo seu esforzo e por axudarnos a mellorar o clima socioafectivo do noso Centro!