Convivencia - Noticias

O Fogar contra a violencia de xénero

25/11/2016

Coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra a Muller, no Fogar de Santa Margarida celebramos unha xornada de reflexión na que todo o alumnado do Centro se uniu en diferentes actos reivindicativos en prol da igualdade e o fin da violencia.

 

Os máis pequenos, a través de diversos contos e actividades, fixeron grandes reflexións que os levaron a pedir a igualdade e encher as paredes de debuxos nos que reflicten as súas peticións. 

Con moita emoción, e a través da actividade “Mulleres da miña vida”, o alumnado de Primaria rindeu homenaxe a diferentes personaxes femininas fundamentais nas vidas de todos nós: nais,  irmás, avoas, tías, bisavoas e amigas, protagonistas imprescindibles da nosa vida diaria.

Os maiores uníronse á campaña “En negro contra a violencia”, tinguindo os corredores con negros carteis cheos de mensaxes contra a violencia machista.

Finalizamos a conmemoración deste día con todo o alumnado e profesorado do Centro unidos, gardando un minuto de silencio.

No Fogar seguiremos educando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade, sendo conscientes de que é o camiño para a prevención e erradicación da violencia de xénero.