Principal - Noticias

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

17/01/2022

Do 14 de febreiro ó 4 de marzo, abrirán as nosas portas para a visita de tódalas familias que no curso 2022-2023 desexades formar parte da nosa comunidade educativa na nova aventura que os vosos fillos comezan no 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

Durante a visita, sempre e cando as autoridades sanitarias o permitan, coñeceredes a liña pedagóxica do Fogar e as instalacións que o noso colexio poñerá a disposición dos vosos fillos e fillas, creadas e adaptadas específicamente para esta etapa educativa. Recibiredes tamén información sobre os servizos e actividades do Fogar que están á disposición do noso alumnado.
 
Un colexio vivo, que medra día a día con vós, por e para o noso alumnado e as nosas familias. Como novidade para este ano, plantexaremos reunións grupais por videoconferencia para resolver as posibles dúbidas que teñades sobre o noso colexio.
 
Estamos seguros de que vos imos abraiar!!
 
Para poder realizar a nosa planificación, podedes solicitar inscripción nas xornadas especificando os días e as horas que, pola vosa conciliación familiar e laboral, vos permitan a asistencia, tanto as visitas presenciais como a videoconferencia. A inscrición pódese facer: 
  • Chamando ó teléfono da secretaría do colexio: 981251090
  • Enviando un correo electrónico a secretaria@fhsm.es
  • Cumprimentando e enviando o formulario dispoñible na siguinte ligazón: FORMULARIO (clic aquí)
Para coñecer un pouco mellor o noso centro, podes ver este vídeo do noso canal de Youtube:
 

 

Comparte esta publicación para que a nosa familia siga medrando!
 
Grazas!