TDAH

Que é o Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade?

O Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade é un trastorno neurocondutual caracterizado por dificultades condutuais e cognitivas como a falta de atención, a hiperactividade e a impulsividade. Estes síntomas pódense manifestar con intensidade variable, xuntos ou de xeito independiente.

A que idade se pode detectar?

Os manuais diagnósticos de referencia fixan como idade mínima entre os 6 e 7 anos de idade para diagnosticar o TDAH.

Cal é a súa orixe?

Considérase que o TDAH é un trastorno complexo que se explica por varios factores, entre eles xenéticos e ambientais.

Numerosos estudos demostran que os factores psicosociais, como un entorno desestruturado, falta de normas de comportamento, etc., inflúen de maneira directa na gravidade do trastorno, pero non son causa directa deste.

Cales son os síntomas que caracterizan o TDAH?

Déficit de atención

  • Presentan dificultades para manter a atención nunha tarefa durante un periodo longo de tempo, polo que frecuentemente non rematan a tarefa que empezan.
  • Falta de atención aos detalles.
  • Dificultades para escoitar e seguir instruccións, así como para realizar tarefas que requiran dun esforzo mental sostido.
  • Desorganización e falta de planificación das tarefas académicas e da vida diaria.
  • Etc.

Hiperactividade

  • Continuos movementos en situacións que non resultan axeitados.
  • Dificultade para permanecer sentado ou quedo durante un periodo longo de tempo ou cando é necesario.
  • Habitualmente cambian dunha actividade a outra sen conseguir rematar ningunha; falta de constancia.
  • Dificultades para permanecer en silencio cando resulta necesario.
  • Etc.

Impulsividade

  • Impaciencia
  • Dificultades para esperar a quenda.
  • Interrupcións frecuentes e dificultade para permancer en silencio.
  • Etc.

Que dificultades conleva?

O TDAH causa no alumnado diversos problemas asociados ás áreas de desenvolvemento. A nivel psicoemocional, soen presentar unha baixa autoestima, inseguridade e frecuentes cambios no estado de ánimo, o cal provoca a dependencia excesiva dun adulto.

A nivel escolar, presentan escasa motivación e baixa capacidade para soster a atención, ademáis dun ritmo lento de traballo, o cal soe provocar dificultades de aprendizaxe.

A nivel social, con frecuencia presentan dificultades para relacionarse e manter amizades.

Como se enfoca a intervención desde o Centro?

A pesar de que a atención ao alumnado é sempre individualizada e adaptada ás características e necesidades de cada un deles, podemos sinalar as seguintes liñas xerais de intervención:

Estratexias atencionais

  • Proporcionar instrucións claras, concisas e breves; mantendo contacto ocular e acompañándose de xestos.
  • Presentar as novas actividades captando a súa atención e repetindo as instrucións da mesma varias veces.
  • Anticipar as actividades
  • Etc.

Estratexias motivacionais

  • Proporcionar oportunidades ante a aparición de erros, xa que destes poden aprender e mellorar.
  • Recoñecer publicamente os comportamentos e actitudes correctas.
  • Emprego de reforzo positivo.
  • Etc.

Estratexias organizativas

  • Proporcionar un entorno co menor número de distractores e doado de ordenar.
  • Dotar ao alumnado de estratexias para organizar o seu tempo e material, empregando recursos visuais como horarios esquematizados, recordatorios a través de imaxes ou etiquetas.
  • Utilizar esquemas para organizar novos contidos escolares.
  • Etc.

Estratexias para o control condutual

  • Definir claramente os comportamentos correctos e os inadecuados.
  • Proporcionar normas claras e concisas que o alumno/a poda visualizar e consultar en todo momento.
  • Crear rutinas e anunciar os cambios que aparecerán.
  • Resaltar os éxitos e logros.
  • Etc.

Na realización das probas de avaliación

  • Situar ao alumno/a lonxe de elementos de distracción e xunto ao docente.
  • Achegarse ao alumno/a e comprobar que comprende as cuestións plantexadas.
  • Permitir que pregunten dúbidas.
  • As instrucións escritas deben ser claras, sencillas e directas.
  • Resaltar palabras ou instrucións clave que permitan ao alumno recuperar a información relevante.
  • Se é preciso, permitir tempo extra na realización das probas.
  • Etc.