Infantil Segundo Ciclo - Actividades

SORPRESA AO COMEZO DO 2º TRIMESTRE

Os Reis Magos deixaron un agasallo en cada aula.

Hoxe o cole encheuse de ilusión 😊

Coa volta ás clases, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos tiñan esperando nas súas clases unhas sorpresas que os Reis prepararon. Cariñas de ilusión e moita emoción 🥰

https://www.youtube.com/shorts/yQrpsrvdfbo

Xa temos as pilas cargadas e enerxía a tope para seguir xogando, compartindo, descubrindo e aprendendo neste 2º trimestre.