Os pequenos de Infantil, cos seus coloridos traxes, deron un pequeno paseo ata a Praza Mestre Mateo.
Todos os grupos de Primaria participaron nun espectacular festival: disfraces, cancións, coreografías... Fantástico!
E o alumnado de Secundaria e Bacharelato celebrou tamén un animado concurso de playbacks e de disfraces.
Gran traballo o do profesorado que axudou a facelo posible!
E grazas a todas as familias pola súa colaboración: as filloas, as orellas e as rosquillas estaban boísimas!