Visita á biblioteca
No mes de Abril os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil tivemos a oportunidade de visitar unha biblioteca municipal moito máis grande ca do noso cole, onde nos explicaron como funciona o sistema de préstamo de libros e o moito que podemos desfrutar se nos facemos socios da biblioteca.
Durante o tempo que durou a visita gozamos dun contacontos que nos tiñan preparado e puidemos ver moitos contos e mergullarnos nun ratiño de lectura todos xuntos.