Titorías de 1º ESO - Actividades

Tarefas de Matic

Do 23/03 ao 12/04

Recopilación de exercicios que deberían estar feitos e superados (nota A, B ou C) a estas alturas do curso.

Como sabedes, ao traballar co computador en Matic cada un ten o seu propio ritmo á hora de facer as tarefas, pero tamén é verdade que sempre demos tempo para terminar os exercicios que se ían pedindo. Nalgunha ocasión as tarefas que puxemos na clase eran traballar en Matic, para conseguir que todos avanzásemos coas nosas dificultades.
 
Déixovos un resumo de todos os exercicios de Matic que deberían estar feitos e superados a estas alturas do curso.
 
Ata o de agora estivemos traballando só coa parte de Números
 
  • NÚMEROS ENTEIROS: Todos os puntos que aí aparecen excepto os dous últimos:
    • Números triangulares, cuadrangulares e pentagonales.
    • Numeración binaria, sexagesimal e romana.
  • FRACCIÓNS: Todos os puntos que aí aparecen excepto:
    • Intervalos
    • Recíprocos
  • DECIMAIS E PORCENTAXES: Os puntos que se corresponden directamente coa parte de Números decimais son o primeiros oito puntos (desde o principio do apartado ata "Conversión de fraccións en decimais e viceversa", incluíndo este punto)
  • POTENCIAS E RAÍCES: Teñen que estar feitos só dous apartados:
    • Potencias con expoñente enteiro I
    • Cadrados perfectos e raíces cadradas (Hai outros dous puntos, o segundo e o terceiro: Potencias con expoñente enteiro II e III que poderiades facelo pero igual cústavos un pouquiño máis. Quen queira tentalo, adiante! Para iso está Matic, para que vos retedes a vós mesmos/ as a superarvos cada día.)

Cando haxa que traballar con Matic eu iría chequeando que exercicios fáltanme para poder ir completando todos os obrigatorios.

Se queres ver as tarefas para a semana do 23 ao 27 de marzo, preme aquí.