O Departamento de Orientación
O Departamento de Orientación é un equipo interdisciplinar que apoia e asesora de forma permanente a toda a comunidade educativa naquelas actuacións encamiñadas a contribuír á formación integral do alumnado, desenvolvendo as súas funcións nos ámbitos relacionados coa orientación psicopedagóxica, académica e profesional.
Este departamento ten entre outras as seguintes funcións:
- Deseñar accións encamiñadas á atención temperá, prevención de dificultades e mellora da convivencia escolar.
- Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar a intervención en función destas.
- Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento das diferentes medidas de atención á diversidade.
- Proporcionar o apoio e asesoramento necesarios ao alumnado para enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade facilitando a toma de decisións sobre o seu futuro.
- Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións externas ao centro que participan na formación integral do alumnado.
- Promover a cooperación entre o centro e as familias.
- Impulsar a participación do profesorado en programas de formación e innovación educativa.
O Departamento de Orientación está integrado por diferentes profesionais do ámbito da psicopedagoxía que se distribúen por cada unha das etapas educativas co fin de garantir unha atención personalizada e integral ao longo de toda a vida académica do alumnado.
Se desexa poñerse en contacto co Departamento de Orientación do Centro pode enviar un correo á siguinte dirección:
orientacion@fhsm.es