Orientación

O Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación é un equipo interdisciplinar que apoia e asesora de forma permanente a toda a comunidade educativa naquelas actuacións encamiñadas a contribuír á formación integral do alumnado, desenvolvendo as súas funcións nos ámbitos relacionados coa orientación psicopedagóxica, académica e profesional.

Este departamento ten entre outras as seguintes funcións:

  • Deseñar accións encamiñadas á atención temperá, prevención de dificultades e mellora da convivencia escolar.
  • Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar a intervención en función destas.
  • Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento das diferentes medidas de atención á diversidade.
  • Proporcionar o apoio e asesoramento necesarios ao alumnado para enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade facilitando a toma de decisións sobre o seu futuro.
  • Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións externas ao centro que participan na formación integral do alumnado.
  • Promover a cooperación entre o centro e as familias.
  • Impulsar a participación do profesorado en programas de formación e innovación educativa.

O Departamento de Orientación está integrado por diferentes profesionais do ámbito da psicopedagoxía que se distribúen por cada unha das etapas educativas co fin de garantir unha atención personalizada e integral ao longo de toda a vida académica do alumnado.

Se desexa poñerse en contacto co Departamento de Orientación do Centro pode enviar un correo á siguinte dirección:

orientacion@fhsm.es