Principal - Noticias

Guía "Ti elixes!"

Co gallo da celebración das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP), que organiza o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña,  presentouse unha nova edición da guía Ti elixes!.

Nesta guía podes atopar interesantes recursos en materia de educación e emprego, e unha selección de bolsas e axudas convocadas nos últimos dous anos por entidades públicas e privadas.

Descarga AQUÍ a guía.

Para máis información preme NESTA LIGAZÓN.