Presentación
Optamos polo uso do uniforme escolar dende 1º Ciclo de Educación Infantil ata 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Prema AQUÍ para coñecer o novo uniforme.
Obxectivos
Consideramos que constitúe un elemento inclusivo e integrador que:
	- Evita as manifestacións externas clasistas.
 
	- Corrixe a presión publicitaria polas marcas.
 
	- Supón un aforro e comodidade para as familias.
 
UNIFORME ESCOLAR
O pantalón será gris, de tergal (en ningún caso será de corte vaqueiro e non poderá ser desmontable, nin con petos baixos nos laterais das pernas)
A saia das nenas é tabloide con dianteiro plano, de cor gris, con ou sen tirantes.
As nenas poderán elixir saia ou pantalón.
Todos, tanto nenos como nenas, levarán:
	- Polo branco camiseiro de manga curta ou longa (con escudo).
 
	- Calcetíns ou medias de cor granate.
 
	- Zapatos negros tipo colexial, preferible sen cordóns.
 
	- Xersei de cor granate, de escote pico con detalles en ou suadeira de cor granate con cremalleira ou sen ela (ambos os dous con escudo)
 
	- A prenda de abrigo no inverno (abrigo, parka…) só pode ser de cor azul mariña e terá cremalleira ou botóns que permitan a súa apertura completa.
 
 
UNIFORME DEPORTIVO
Chandal:
	- Pantalón azul mariño con detalles en cor branco e vermello.
 
	- Chaqueta azul mariña con detalles en cor branco e vermello e co escudo do colexio.
 
	- Camiseta branca con mangas de cor azul mariña e escudo do colexio.
 
	- Calcetín deportivo branco sen escudo.
 
	- Calzado apto para a práctica deportiva, preferiblemente de cor branca.
 
	- Pantalón curto de Educación Física de cor azul mariña.
 
	- Camiseta técnica branca con logo do colexio para educación física.
 
 
Tendas
El Uniforme.  (Pulse AQUÍ para acceder directamente ós NOVOS UNIFORMES do noso centro na súa.)
