Titorías - Infantil Segundo Ciclo

Cursos do segundo ciclo de infantil
  4º INF 5º INF 6º INF

 

O currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia ven establecido no Decreto 330/2009, do 4 de xuño.


Fins

  • A finalidade da educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.
  • Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais, facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
  • Potenciarase a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica, a non-violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.

Obxectivos

A Educación Infantil contribuirá a desenvolver nas nenas e nenos as capacidades que lles permitan:

  • Coñecer o seu propio corpo e o das outras persoas, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
  • Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
  • Desenvolver as súas capacidades afectivas.
  • Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.
  • Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
  • (Ver máis)