O Comedor do Fogar de Santa Margarida sirve diariamente unhas 600 comidas, consumidas polos alumnos do colexio e os da Residencia Universitaria da Fundación.
Os menús ofertados son elaborados nas cociñas do colexio e inclúen unha dieta variada e equilibrada baseada na cociña tradicional casera. Mensualmente elabórase un menú equilibrado onde aparecen todos os alérxenos que poden conter os diferentes pratos elaborados.
O uso do comedor pode ser semanal (de luns a venres), varias xornadas á semana, ou ben un uso esporádico e puntual. Neste último caso será necesario pasar pola secretaría do colexio e facer o abono do vale corrrespondente.
A oferta diaria consta de:
Ofrecido aos usuarios que fan uso do servizo de madrugadores a primeira hora da mañá.
Todos os alumnos do centro poden facer uso deste servizo. Os espazos están debidamente acondicionados para cada idade, tendo o seu propio comedor, á marxe do resto de usuarios, os alumnos do 1º e 2º ciclo de Educación Infantil.
Para os alumnos do 1º ciclo de Educación Infatil que vaian facer a xornada de tarde completa, ofértase merenda, a base de fiambre variado, froita de tempada e bebible lácteo.