Co obxectivo de previr os conflitos e a resolución pacífica dos mesmos, así como a non violencia en tódolos ámbitos da vida persoal, familiar e social, e ao abeiro do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, créase a Aula de convivencia inclusiva no Centro.
Se ben o artigo 19.3 da Lei 4/2011 lle confire unha dimensión correctiva, “crearanse aulas de convivencia inclusiva, non estables e con vocación de substituír o tempo de expulsión, con apoios e formación específica, que busquen reincorporar ao alumnado na súa propia aula no menor tempo posible”, desde o Fogar de Santa Margarida outórgaselle tamén unha dimensión preventiva, entendendo esta aula como un espazo físico onde se tratará de dar resposta ás necesidades socioemocionais do alumnado, mellorar as súa intelixencia emocional e habilidades sociais. Atendendo a esta definición, a asistencia a este espazo non se deberá a unha medida correctora, senón á necesidade percibida por familias, equipo docente e/ou DO.
Considerando a Aula de convivencia inclusiva como un espazo para a prevención e corrección, e plantexándoa como unha alternativa á expulsión do Centro cando a Dirección o considere axeitado, os obxectivos específicos da creación desta aula son os seguintes:
No Plan de Convivencia do Centro establécense os criterios e condicións para a atención do alumnado na Aula de convivencia inclusiva, así como tamén as actuacións que se levarán a cabo nela, encamiñadas a favorecer o proceso de reflexión por parte do alumnado atendido neste espazo.