Uniforme

Presentación

Optamos polo uso do uniforme escolar dende 1º Ciclo de Educación Infantil ata 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Prema AQUÍ para coñecer o novo uniforme.

Obxectivos

Consideramos que constitúe un elemento inclusivo e integrador que:

  • Evita as manifestacións externas clasistas.
  • Corrixe a presión publicitaria polas marcas.
  • Supón un aforro e comodidade para as familias.

UNIFORME ESCOLAR

O pantalón será gris, de tergal (en ningún caso será de corte vaqueiro e non poderá ser desmontable, nin con petos baixos nos laterais das pernas)
A saia das nenas é tabloide con dianteiro plano, de cor gris, con ou sen tirantes.
As nenas poderán elixir saia ou pantalón.
Todos, tanto nenos como nenas, levarán:
  1. Polo branco camiseiro de manga curta ou longa (con escudo).
  2. Calcetíns ou medias de cor granate.
  3. Zapatos negros tipo colexial, preferible sen cordóns.
  4. Xersei de cor granate, de escote pico con detalles en ou suadeira de cor granate con cremalleira ou sen ela (ambos os dous con escudo)
  5. A prenda de abrigo no inverno (abrigo, parka…) só pode ser de cor azul mariña e terá cremalleira ou botóns que permitan a súa apertura completa.
 

UNIFORME DEPORTIVO

Chandal:

  1. Pantalón azul mariño con detalles en cor branco e vermello.
  2. Chaqueta azul mariña con detalles en cor branco e vermello e co escudo do colexio.
  3. Camiseta branca con mangas de cor azul mariña e escudo do colexio.
  4. Calcetín deportivo branco sen escudo.
  5. Calzado apto para a práctica deportiva, preferiblemente de cor branca.
  6. Pantalón curto de Educación Física de cor azul mariña.
  7. Camiseta técnica branca con logo do colexio para educación física.

 

Tendas

El Uniforme.  (Pulse AQUÍ para acceder directamente ós NOVOS UNIFORMES do noso centro na súa.)