A Formación Profesional de Grao Medio (FPM) é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida.
Concretamente, neste centro, impártese o Ciclo de Formación Profesional de Grao Medio en Actividades Comerciais que permite obter o título de “Técnico en Actividades Comerciais”.
A FPM en actividades comerciais ten unha duración de 2.000 horas repartidas en dous anos académicos, nos que se inclúen 240 horas de formación en centros de traballo (prácticas laborais).
Os requisitos de acceso son os seguintes:
Unha vez obtido o título, pode accederse a calquera outro ciclo formativo de grao medio ou de grao superior da formación profesional, sempre superando o procedemento de admisión que se estableza.
O alumnado que obteña o título de FP Medio en Actividades Comerciais poderá exercer a súa actividade en calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.
As ocupacións e os postos de traballo máis destacables son os seguintes: vendedor/a, vendedor/a técnico/a, representante comercial, orientador/a comercial, promotor/a, televendedor/a, vendedor/a a distancia, teleoperador/a (en call centers), axente de información e atención á clientela, caixeiro/a ou repoñedor/a, operador/a de contact centers, administrador/a de contidos en liña, comerciante de tenda, xerente de pequeno comercio, técnico/a en xestión de existencias e almacén, xefe/a de almacén, responsable de recepción de mercadorías, responsable de expedición de mercadorías, técnico/a en loxística de almacéns, técnico/a de información, atención á clientela en empresas, etc.