O Equipo Directivo está formado pola Xefatura de Estudos, a Dirección Pedagóxica e a Dirección Xeral do Centro.
Dado o tamaño do centro e a cantidade de alumnado e profesorado que forman esta comunidade educativa, a Xefatura de Estudos, está composta por un Xefe de Estudos que atende as etapas de Educación Primaria e Educación Infantil e un Xefe de Estudos que atende as etapas de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
A Xefatura de Estudos coordínase coa Dirección Pedagóxica, tratando de marcar as pautas a seguir nas diferentes etapas mediante reunións periódicas co equipo de coordinadores dos diferentes niveis xunto co Departamento de Orientación.
A Dirección Xeral encárgase da supervisión de todo o traballo e establece a liña xeral de centro.