Principal - Actividades

Entroido 2017

24/02/2017

Gran celebración do Entroido a deste venres 24 no noso centro.

Os pequenos de Infantil, cos seus coloridos traxes, deron un pequeno paseo ata a Praza Mestre Mateo. 

 
Todos os grupos de Primaria participaron nun espectacular festival: disfraces, cancións, coreografías... Fantástico!
 
E o alumnado de Secundaria e Bacharelato celebrou tamén un animado concurso de playbacks e de disfraces.
 
Gran traballo o do profesorado que axudou a facelo posible! 
 
E grazas a todas as familias pola súa colaboración: as filloas, as orellas e as rosquillas estaban boísimas!