Os nenos e nenas de 3 anos descubrimos o outono a partir do arte
ARTE… NO OUTONO!!
Ola! Esta vez ímosvos ensinar como xurdiu o noso derradeiro proxecto.
Un día, ao entrar na aula, atopámonos moitas follas secas no chan…Que pasou? Por que hai follas?
Estamos no OUTONO!!!
Deste xeito iniciamos o noso proxecto. Todos trouxemos á aula cousas do outono (follas ,froitos, castañas, ourizos…)
Preguntámonos… que podemos facer con todo isto? Podemos… Facer un cadro! A pintar!
Somos pintores por un día.
Cos cadros descubrimos y describimos as cores do outono.
Tamén usamos noces e castañas para facer esculturas.
Somos escultores!!
Ademais… convertémonos en cociñeiros facendo brochetas con froitas do outono(uvas,peras,mazás emandarinas)que merendamos ese día pola tarde. Deste xeito, diferenciamos os froitos secos dos carnosos e fixemos de escultores e cociñeiros.
Amerendar!!
Tamén fomos músicos porque aprendimos unha canción do outono onde expresamos a caída das follas.
E por último, tamén nos convertemos en verdadeiros actores e actrices representando a historia do conto “A árbore que non tiña follas” Un OSCAR para todos!!! Saíu xenial!!
Aquí podedes ver o guapos e guapas que estabamos o día da función e como non, o noso escenario de fondo decorámolo cun mural do outono que fixemos entre todos.
En resumo, coas artes escénicas fomos actrices, actores, cantantes e sentimos a caída das follas das árbores e os fenómenos atmosféricos do outono.
Non vos perdades a próxima entrada á web do cole e ao noso blog que promete ser sorprendente.
Ata pronto!