Titorías de 4º Infantil - Actividades

Así aprendemos!!!!!!!

24 de octubre de 2018

Así aprendemos en 4º de Educación Infantil

Despois dos primeiros días de clase adaptámonos pouco a pouco a nosa aula, á profe, aos nosos amigos… Atrás foron quedando os choros dos primeiros días. Agora xa estamos listos para seguir…

Comezamos o día cunha asemblea na alfombra onde aprendemos conceptos básicos, xogamos todos xuntos, ademais de compartir momentos máxicos, como é a hora do conto.

Neste mes iniciamos un novo proxecto “Hadas y duendes”. A fada Piruleta deixounos pistas na clase e escribiunos cartas que fomos atopando na aula cada día. Ata nos deixou a súa variña máxica! Buscamos información sobre fadas e duendes na biblioteca e, papá e mamá, tamén axudaron.

Esta actividade resultou moi atractiva para nós, xa que se trataba de construír una casiña para a fada Piruleta. En proxecto está construír outra para o duende Cascabel.

Incluso imaxinando un mundo ideal chegamos a ser fadas e duendes por un día con pó de fada e variña máxica incluída.

Ademais de todo isto… xa estamos inmersos nos rincóns de aula e os ensinamos algunha das actividades que fixemos.

Esta foi unha das actividades de plástica que máis nos gustou. Enzoufarnos de pintura! Somos grandes artistas.

Neste mes tamén visitamos a aula PDI onde aprendemos algo máis cos ordenadores e coa pizarra dixital.

Ademais de todo isto, adicamos un tempo semanal a robótica, onde decubrimos que aprender xogando é o máis divertido.

Xa coñecimos unha das instalacións que máis nos encanta do colexio: a biblioteca. Alí adicamos un tempo semanal a ollar contos e a escoitar as máxicas historias que as nosas profes e Xulián teñen preparadas para nós. Este mes invitamos aos avós para que nos contasen un conto. Tamén viñeron visitarnos alumnos de primaria. O resultado témolo aquí.

 

Seguiremos informándoos de todo o que aprendemos no noso cole. Non vos perdades a próxima visita a esta web e ao noso blog.

Esperámosvos!!