Como o ano pasado, toda a Primaria participou na celebración do Samaín e do Magosto de forma conxunta.
Unha tarde fantástica na que os nenos e nenas se divertiron con xogos populares de toda a vida: a chave, os zancos, a ra, o tres en raia, o aro e moitos outros.
Tamén, por suposto, tiveron tempo para tomar a súa merenda de castañas.
Un gran magosto!