Os nenos e nenas de 6º de E.Infantil recibimos unha carta sorpresa da nosa mascota Bee Bot.
Co comezo do novo curso recibimos unha carta de Bee Bot, a nosa mascota, que nos apareceu por sorpresa na alfombra da aula. Nela dávanos a benvida ao novo curso e contábanos que tamén nos acompañaría, un curso máis, nas nosas aulas para compartir connosco moitas aventuras.
Tras recibir a carta de Bee Bot, preguntámonos se nos nosos fogares as cartas “aparecían” na alfombra, chegando á conclusión de que era preciso elaborar uns buzóns para as nosas aulas para que Bee Bot nos poida deixar neles as súas cartas.
Seguidamente, comezamos a investigar sobre diferentes formas de comunicación.
Os Puritos investigamos sobre a prensa e, en concreto, sobre o periódico:
Os Gemitos investigamos sobre o correo postal:
E os Caritos investigamos sobre o Sistema Braille e a Lingua de Signos:
Recibimos a visita dun carteiro, Javier, con quen aprendimos un montón de cousas sobre o correo postal. Ademáis, tivemos a oportunidade de coñecer de preto o seu oficio e de converternos en carteiros por un día. Da súa man descubrimos algúns dos obxectos que emprega no seu traballo.
Visitáronnos tamén Pilar e Julio, da Fundación ONCE, para achegarnos ao Sistema Braille e ensinarnos diferentes obxectos que empregan as persoas con cegueira.
Ana, mamá de Valeria, ensinounos que o médico dos oídos se chama otorrino e tamén nos achegou a algunha das probas que empregan para coñecer o grado de audición dunha persoa.
Descubrimos da man de Ana o alfabeto dactilolóxico e contounos que as persoas con xordeira, en vez de “deletrear” o seu nome, empregan un xesto que os caracteriza.
Por último, Bea e Inés, da Asociación ACOPROS, explicáronnos, entre outras moitas cousas, que é un implante coclear e para qué se emprega. E, para rematar, ensináronnos as cores e un montón de animais en Lingua de Signos.
Aquí vos deixamos unha mostra do aprendido:
Foron unhas experiencias moi gratificantes e enriquecedoras!
Dende aquí os Puritos, os Gemitos e os Caritos queremos darlle as grazas a Javier, Ana, Pilar, Julio, Bea e Inés por ensinarnos e descubrir connosco tantas cousas.