A pesares de non poder facer a saída do outono, vivímolo na aula.
Ola familias,
Despois dun mes de intenso traballo, deixámosvos algunha mostra do feito en clase durante este tempo.
Queremos agradecervos a vosa participación, tanto no traballo da familia, como no do outono. Se non fose pola vosa colaboración o traballo quedaría incompleto.
A partires do material que trouxéchedes ao cole, empezamos a investigar sobre o outono: que tempo vai?, que lles pasa ás árbores?, que alimentos son típicos do outono?...
A través de todas estas preguntas, elaboramos o pequeno proxecto que nos levou a desenvolver algunha dasactividades que podedes ver nas seguintes fotos.
Na seguinte publicación presentaremos o primeiro grande proxecto: “A PINTURA”.