A Conducir !!!!
Durante este primeiro trimestre os Cristinitos, os Lolitos e os Mariachis e a súa mascota Bee quixemos aprender a... CONDUCIR !!!!
Como xa sabedes, nas primeiras semanas de clase, Bee deixóunos unha carta na que nos daba a benvida e nos propoñía aprenden con nós. Por iso, comezamos a cavilar en cousas que queriamos aprender e, tras poñelo en común, todos quixemos aprender na nosa propia autoescola.
Primeiro pensamos en todo o que xa sabiamos e o que queríamos saber. Foi entón cando lle pedimos axuda ás nosas familias, que nos proporcionaron moita información necesaria para aprender a conducir e deste xeito poder comezar a estructurar o noso manual. Nel inclúense os tipos de vehículos que circulan pola estrada, as señais de tráfico, as partes dun coche, como actuar nun accidente e un circuíto para practicar a condución.
Aquí vos deixamos uns vídeos a modo de resumo da nosa divertida autoescola, na que por suposto, tampouco falta a música.
Agardamos que vos guste tanto como a nós !!!!!