Durante toda a semana os nenos e nenas estiveron a preparar as súas mellores galas a partir do conto "O piollo e a pulga". Aproveitamos este conto en galego para facer unha voda por todo o alto.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria estiveron a practicar durante o segundo trimestre a canción "Chea de Vida" de Gaudi Galego.
Estes días son moi atípicos, xa que non podemos ir ao colexio porque estamos en estado de alarma. Pero os nenos e nenas de segundo seguimos en contacto coas nosas profes e sen perder o sorriso.