FPB Servizos Comerciais
O teu futuro comeza aquí
No noso centro, entendemos a Formación Profesional como unha oportunidade real para que cada estudante atope o seu camiño, desenvolva o seu talento e se prepare para un futuro profesional seguro.
Ofrecemos unha formación práctica, moi aliñada coas realidades do mercado laboral e adaptada ás necesidades actuais do mercado, apoiando o alumnado en cada paso do seu crecemento persoal e profesional.
Formación Profesional Básica en Servizos Comerciais
A Formación Profesional Básica está deseñada para estudantes que precisan unha alternativa práctica dentro do sistema educativo ou que desexan comezar a súa andaina no mundo profesional.
No noso centro, ofrecemos o programa de Formación Profesional Básica en Servizos Comerciais, un curso dinámico estreitamente conectado coas realidades do sector minorista actual.
A quen vai dirixida?
A alumnado que:
- Prefire unha aprendizaxe máis práctica.
- Quere empezar a construír o seu futuro profesional dende unha idade temperá.
Requisitos de acceso
- Alumnado escolarizado na ESO:
- Ter cumpridos os 15 anos ou facelo durante o ano natural en curso.
- Ter cursado terceiro ou, excepcionalmente, e a criterio do equipo docente e do responsable de orientación do centro, segundo curso da ESO.
- Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto cos pais, as nais ou persoas tutoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grado básico.
- Persoas non escolarizadas:
- Que fagan 17, 18 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivieran ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin de ningún outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Que ofrecemos?
- 2.000 horas de formación repartidas en dous cursos.
- 320 horas de prácticas en empresas, onde o alumnado vive unha experiencia laboral real.
- Unha contorna educativa próxima, motivadora e adaptada a cada alumno.
- Visitas a empresas, excursiones culturales.
- Asistencia a Congresos y Ferias de empleo.
Titulación e oportunidades
Ao finalizar, acádanse os seguintes títulos oficiais:
- Título da ESO
- Título profesional básico en Servizos Comerciais.
- Certificado en Prevención de riscos laborais de 30h.
- Certificado de lingua galega 3 (Celga 3)
Saídas profesionais
O alumnado poderá traballar realizando operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, operacións relacionadas co tratamento de datos, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Os postos de traballo más habituais que poden ocupar son os seguintes:
- Dependente/a nun comercio, tenda ou punto de venda.
- Operario/a de loxística.
- Auxiliar de información en calquera superficie comercial.
- Caixeiero/a.
- Preparador/a de pedidos, recepción e expedición.
O noso compromiso:
No noso centro non só formamos profesionais, formamos persoas.
Acompañamos ao alumnado para que:
- Descubra as súas capacidades
- Gañe confianza en si mesmo
- Se prepare para o mundo laboral real
Porque cremos que cada alumno ten un talento e o noso obxectivo é axudalo a desenvolvelo.
Entendemos a formación profesional desde a práctica, por iso organizamos asistencias a congresos, excursións culturais, visitas a empresas, feiras de emprego … para acercalos a realidade laboral dunha forma práctica e didáctica.
