Coñécenos
Benvida
Convidámosvos a acceder á información sobre a nosa comunidade escolar e aos servizos que ofrece o noso centro, unha das institucións máis antigas da Coruña.
A procura da excelencia educativa, xunto co compromiso e esforzo do noso profesorado, persoal administrativo e de apoio e colaboradores, e unha constante na nosa institución desde a súa creación nos barrios de Santa Margarida e Agra do Orzán en 1929, un compromiso arraigado en valores cristiáns, sociais e educativos.
O centro pertence á Fundación do mesmo nome. Trátase dun centro privado e concertado comprometido coa responsabilidade social e educativa e a mellora continua, na procura dun mellor servizo para o alumnado e as familias. Neste contexto, foi seleccionado polo goberno para participar como centro piloto nas sucesivas reformas educativas que comezaron na década de 1970.
Agradecemos as vosas suxestións e comentarios, que sen dúbida axudarán a garantir que a calidade educativa siga sendo o noso principio reitor.

Historia do colexio

O centro educativo do Fogar de Santa Margarida fundouse baixo os auspicios da Fundación do Fogar de Santa Margarida, que comezou en 1927 cando as irmás Suárez Frige e un grupo de colaboradoras se uniron para impartir clases de catecismo na ermida de Santa Margarida.
Anos máis tarde, Don José Sardina incorporouse ao centro para mellorar os servizos relacionados coas crecentes necesidades básicas dos habitantes da zona. Entre estas necesidades estaba a educación, que nun inicio se impartía esporadicamente, pero que a partir de 1944 se converteu nun servizo continuo coa instalación de oito aulas.
En 1970, cunha xenerosidade que non foi suficientemente recoñecida, o Fogar dedicouse por completo á educación da zona e, en pouco tempo, o número de alumnos pasou de 240 a máis de 1.000.
Así, o Fogar de Santa Margarida continúa ata hoxe coa misión de promover a educación integral do seu alumnado desde unha perspectiva cristiá, respectando todas as ideoloxías e crenzas, e esforzándose por proporcionar ao alumnado información obxectiva para que poida desenvolver gradualmente as súas propias opinións e, analizando a realidade, tomar decisións responsables.
