CM Actividades Comerciais

IMPORTANTE: Non se realizarán titorías en época de exames e avaliacións.

Jorge Núñez (jorge.nunez@fhsm.es)

Paula Loureiro Nión (paula.loureiro@fhsm.es)

O teu futuro comeza aquí

No noso centro, entendemos a Formación Profesional como unha oportunidade real para que cada estudante atope o seu camiño, desenvolva o seu talento e se prepare para un futuro profesional seguro.

Ofrecemos unha formación práctica, moi aliñada coas realidades do mercado laboral e adaptada ás necesidades actuais do mercado, apoiando o alumnado en cada paso do seu crecemento persoal e profesional.

Ciclo Formativo de Grao Medio en Actividades Comerciais

Este programa está deseñado para aqueles que queiran dar o seguinte paso e prepararse para unha profesión con alta demanda no sector comercial.

Que é?

O Ciclo Formativo de Grado Medio de Actividades Comerciais capacita para traballar no mundo das vendas de produtos e servizos a través de diferentes canles de comercialización e realizar funcións de organización e xestión propias do comercio.

Duración e metodoloxía

  • 2.000 horas en dous cursos académicos.
  • 500 horas de prácticas en empresas no segundo curso e ata 200 horas no primeiro curso, cotizando a Seguridad Social en ámbolos casos.
  • Formación orientada ao mercado laboral, na que poñen en práctica todos os coñecementos adquiridos durante os dous cursos lectivos.
  • Empresas colaboradoras: Inditex, Estrella Galicia, Bysidecar, Deportienda Fnac, Mango, Sprinter, El Pulpo, Sibuscascoche…

Requisitos de acceso

  • Título de ESO ou superior.
  • Ou título de Formación Profesional Básica.
  • Proba de acceso a Ciclo Medio.

Que aprenderás?

  • Técnicas de venda e atención ao cliente.
  • Xestión de produtos e comercio.
  • Organización de almacéns e loxística.
  • Comercio dixital e atención online.
  • Estratexias de marketing
  • Técnicas de merchandising, escaparatismo, carteleiría…

Saídas profesionais

Unha vez titulado como Técnico en Actividades Comerciais, poderás traballar en múltiples ámbitos:

  • Comercio físico e online
  • Atención ao cliente
  • Marketing e promoción
  • Xestión de pequenos negocios

Algúns postos:

  • Vendedor/a o vendedor/a técnico/a
  • Comercial ou representante
  • Administrador de contidos en liña
  • Técnico de información a atención ao cliente
  • Teleoperador/a ou xestor/a de clientes
  • Responsable de almacén ou loxística
  • Xestor/a de tenda ou pequeno comercio

O noso compromiso:

No noso centro non so formamos profesionais, formamos persoas.
Acompañamos ao alumnado para que:

  • Descubra as súas capacidades
  • Gañe confianza en sí mesmo
  • Se prepare para o mundo laboral real

Porque cremos que cada alumno ten un talento e o noso obxectivo é axudarlle a desenvolvelo.
Entendemos a formación profesional desde a práctica, por iso organizamos asistencias a
congresos, excursións culturais, visitas a empresas, feiras de emprego … para acercalos a
realidade laboral dunha forma práctica e didáctica.