Organización

Consello Escolar

O Consello Escolar do Fogar de Santa Margarida regúlase segundo a Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa na que, nos seus artigos 126 e 127 se fai referencia á composición e competencias.

Os seus compoñentes son:

Presidente:D. Marcos Díaz Losada
Representantes do Titular:D. Rafael Carlos Casás Salgado
D. Xosé Manuel Varela Varela
Dª. Olalla Vázquez López
Representantes do profesorado:D. Iago Astray González
Dª. Iria María García Silva
Dª. Iria Pérez Rodríguez
D. Jaime Nicolás Pumares Lolo
Representantes dos pais/nais:Dª. Irene Pardo Pardo
D. Santiago Reboyras Martínez
Dª. María del Carmen Villar Gómez
D. José Nicolás Martínez Prado
Representantes do alumnado:D. Brais Longueira-Dalmau García
D. Lucas Nicolás Rodríguez Blanco
Representante da administración e servizos:Dª. Bárbara Soledad Kearney Vidueiros
Representante do persoal complementario de centros con unidades de Educación Especial:Dª. Estefanía Vázquez Seoane

Organización académica

O equipo directivo do centro está formado pola Xefatura de Estudos, a Dirección Académica e a Dirección Xeral do centro.

Dado o tamaño do centro e o número de estudantes e profesores desta comunidade educativa, a Xefatura de Estudos está composta por un xefe/a de estudos responsable da Educación Primaria e Infantil e outro xefe/a de estudos responsable da Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional.

A Xefatura de Estudos coordínase coa Dirección Académica, establecendo as directrices para cada etapa educativa mediante reunións periódicas cos coordinadores dos diferentes niveis e co Departamento de Orientación.

A Dirección Xeral do centro é a responsable de supervisar todo o traballo e de establecer a líña xeral do centro.

A comunidade educativa do Fogar Santa Margarida está formada por aproximadamente 1.200 estudantes e 100 profesores. O alumnado está matriculado en programas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional. Cada nivel educativo ten tres grupos, agás Bacharelato, onde hai dous grupos por curso, e programas de Formación Profesional, onde só hai un grupo por curso.

O noso programa de Educación Infantil inclúe dous ciclos para nenos/as desde o nacemento ata os seis anos. A Escola Infantil consta de dúas unidades:

  • Aula de 2º curso de Educación Infantil: nenos e nenas de 1 ano.
  • Aula de 3º curso de Educación Infantil: nenos e nenas de 2 anos.

No segundo ciclo de Educación Infantil, que comprende os cursos 4º, 5º e 6º, hai tres grupos por nivel, cada un co seu propio profesor que se encarga de impartir todas as materias agás Inglés e Relixión, que son impartidas por profesorado especialista do centro.

En Educación Primaria, que comprende seis cursos, tamén hai tres grupos por nivel, cada un co seu propio titor/a. Nesta etapa asígnanse profesorado especialista, que imparte Inglés, Arts&Crafts, Relixión e Educación Física. As restantes materias son impartidas polo titor/a.

Nos programas de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, todas as materias son impartidas por profesorado especialista. A función do titor/a é coordinar o grupo e manter as familias informadas do progreso do seu alumnado, unha tarefa que se leva a cabo desde a Educación Infantil.

En cada etapa educativa, hai un grupo de coordinadores responsables do axeitado desenvolvemento das actividades desas etapas, que actúan como enlace entre a administración do centro e o profesorado dos diferentes niveis.

A ampla oferta educativa do centro fai que cada etapa teña o seu propio horario adaptado tanto ás idades como ás necesidades do alumnado. Todos os horarios son en xornada partida, con clases de mañá e tarde en cada etapa, aínda que en setembro e xuño, algunhas etapas teñen clases só de mañá.

1º Ciclo de Educación Infantil

A escola permanece aberta de 08:30 a 17:00 horas. A xornada escolar distribúese da seguinte maneira: 

Xornada normalizada:

  • Entrada: 09:00 a 09:30 horas
  • Saídas: 12:00 a 13:00 e 16:30 a 17:00 horas

Servizos complementarios:

  • Madrugadores: 08:30 a 09:00 horas
  • Comedor: 13:00 a 14:00 horas

2º Ciclo de Educación Infantil

Xornada de setembro e xuño:

  • Xornada única de 09:30 a 14:00 horas

Xornada de outubro a maio:

  • Xornada de mañá: 09:30 a 13:00 horas
  • Xornada de tarde: de 15:00 a 17:00 horas

Educación Primaria

Xornada de setembro e xuño:

  • Xornada única de 09:30 a 14:00 horas

Xornada de outubro a maio:

  • Xornada de mañá: 09:30 a 13:00 horas
    • De luns a xoves: de 09:30 a 13:00 horas
    • Os venres: de 09:30 a 14:00
  • Xornada de tarde:
    • De luns a xoves: de 15:00 a 17:00 horas
    • Os venres: de 09:30 a 14:00

Educación Secundaria

Xornada de setembro e xuño:

  • Xornada única de 08:30 a 13:10 horas (excepto os martes que dura ata as 14:00 horas)

Xornada de outubro a maio:

  • Xornada de mañá dos luns e xoves: 08:30 a 13:10 horas
  • Xornada de mañá dos martes e mércores: 08:30 a 14:00 horas
  • Xornada de tarde dos luns e xoves:  15:30 a 17:10 horas
  • Martes, mércores e venres non hai clase pola tarde

Bacharelato e Ciclos Formativos

  • Xornada de mañá: 08:30 a 14:00 horas
  • Xornada de tarde unicamente os luns: 15:30 a 17:10 horas
CALENDARIO LECTIVO 2025-2026
UNIDADES DE 1 E 2 ANOS:Do 1 de setembro ao 31 de xullo
INFANTIL E PRIMARIA:Do 8 de setembro ao 19 de xuño, ambos inclusive
SECUNDARIA, BACHARELATO, FPB, E CICLO FORMATIVO:Do 8 de setembro ao 19 de xuño, ambos inclusive
PERÍODOS DE VACACIÓNS
NADAL:Desde o día 22 de decembro de 2025 ata o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos
ENTROIDO:Días 16 ao 18 de febreiro de 2026, ambos incluídos.
SEMANA SANTA:                     Do 30 de marzo ao 6 de abril de 2026, ambos incluídos
DÍAS FESTIVOS: Son festivos, a efectos académicos, os seguintes:
* 31 de outubro de 2025 (Día do Ensino)
* 8 de decembro de 2025 (Inmaculada Concepción)
* 19 de marzo de 2026 (San Xosé)
* 1 de maio de 2026 (Día do traballador)
DÍAS NON LECTIVOS:* 3 de novembro de 2025
Días solicitados á Delegación Provincial da Consellería de Educación:
* 20 de marzo de 2026
* 4 de maio de 2026