Proxecto educativo
Aspiracións
O noso modelo educativo busca:
- Complementar as familias no proceso de educación integral do alumnado.
- Desenvolver a totalidade das funcións da persoa: sensibilidade, afectividade, intelixencia, vontade… En síntese: sentidos e intelixencia, corazón e carácter.
Implica, daquela, un triple alcance na preocupación docente: coñecemento, conduta e vontade, e a aceptación de que a persoa é un complexo de corpo e espírito.
Responsabilidade social
O Fogar é un Centro:
- Aberto a todos, crentes ou non, co único límite do respecto ao noso ideario.
- Comprometido no avance e dignificación da nosa sociedade.
- Que acolle e colabora coas diversas institucións cristiás e civís de sinalado compromiso social.
- Que exclúe o afán de lucro.
Filosofía educativa
Aspiramos a ofrecer unha educación integral, activa e personalizada que permita:
- Desenvolver en cada estudante as súas calidades respectando o seu ritmo de aprendizaxe e maduración.
- Orientar a nosa acción formadora desde os dereitos e liberdades fundamentais dentro dos principios democráticos de convivencia e potenciando a solidaridade, o respecto aos demais, a actitude de diálogo e os valores democráticos.
Plan de convivencia
O plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, garantindo unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, e tamén na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.
