Comedor


O colexio conta cun servicio de comedor con cociña propia, onde diariamente se preparan menús equilibrados e adaptados ás necesidades nutricionais do alumnado. O noso obxectivo é ofrecer alimentos saudables nun ambiente seguro, fomentando bos hábitos desde idades temperás.

Cocina

O comedor da Residencia Santa Margarida serve máis de 500 comidas diarias, consumidas polo alumnado do centro e polos residentes na Residencia Universitaria da Fundación.

Os menús que se ofrecen prepáranse nas cociñas do centro e inclúen unha dieta variada e equilibrada baseada na cociña caseira tradicional. Mensualmente elabórase un menú equilibrado, no que se enumeran todos os alérxenos que poden estar presentes nos diferentes pratos.

O comedor pódese usar semanalmente (de luns a venres), varios días á semana ou de forma ocasional. Neste último caso, será necesario acudir á secretaría do centro e pagar a taxa correspondente.

Oferta diaria

Almorzo

Ofrecido aos usuarios que fan uso do servizo de madrugadores a primeIra hora da mañá.

Comida

Todo o alumnado do centro pode facer uso deste servizo. Os espazos están axeitadamente equipados para cada grupo de idade. O alumnado de primeiro e segundo ciclo de Educación Infantil ten o seu propio comedor, separado do resto do alumnado.

Comedor 1
Comedor