Bacharelato

IMPORTANTE: Non se realizarán titorías en época de exames e avaliacións.

1º Bach A: Santiago Iglesias Vicente (vicen.iglesias@fhsm.es)
1º Bach B: Jesús López Casal (jesus.lopez@fhsm.es)
1º Bach A/B: Gerardo Cardesín Abad (gerardo.cardesin@fhsm.es)

Ana Paula Gómez Ferreira
paula.gomez@fhsm.es

Inés Sixto García
ines.sixto@fhsm.es

Carácter privado

O programa de Bacharelato no noso centro é privado (non subvencionado). Ponte en contacto connosco para obter información sobre o proceso de admisión e matrícula.

Principios xerais

O Bacharelato é unha etapa educativa postobrigatoria que fomenta o desenvolvemento persoal, intelectual e social do alumnado. Permite afondar nas súas competencias, consolidar a súa formación académica e preparalo para tomar decisións responsables sobre o seu futuro.

No noso centro, apoiamos o alumnado ao longo deste proceso cunha educación personalizada e rigorosa, fomentando o esforzo, a independencia, o pensamento crítico, a responsabilidade, a interacción social positiva e o compromiso coa sociedade.

Finalidade

O obxectivo do Bacharelato é proporcionarlles aos estudantes a educación, a madurez intelectual e persoal, os coñecementos, as habilidades e as actitudes que lles permitan incorporarse á vida activa de forma responsable e competente.

Esta etapa tamén prepara os estudantes para o acceso á educación superior, tanto universitaria como de formación profesional superior, axudando a cada estudante a orientar o seu futuro académico e profesional segundo os seus intereses, capacidades e vocación.

Obxectivos

Durante o programa de Bacharelato, traballamos para que o alumnado consolide hábitos de estudo e traballo, desenvolva a capacidade de aprendizaxe autónoma, empregue diferentes idiomas con fluidez, mellore as súas competencias dixitais e adquira unha base sólida en ciencia, tecnoloxía, humanidades e artes.

Tamén promovemos a igualdade, o respecto pola diversidade, a participación responsable, a sensibilidade cara ao patrimonio cultural e lingüístico de Galicia, a conciencia ambiental, a vida saudable, a creatividade, o espírito emprendedor e a capacidade de analizar a realidade de forma crítica e cun forte sentido da responsabilidade.