Etapas
Un percorrido educativo completo
Apoiamos ao alumnado dende as súas primeiras experiencias de aprendizaxe ata a súa preparación para a educación superior ou a entrada no mundo profesional.
Unha traxectoria educativa coherente e cercana
Cada etapa ten os seus propios obxectivos, metodoloxías e desafíos, pero todas comparten a mesma misión: axudar a cada alumno a medrar como persoa, desenvolver as súas capacidades e avanzar con confianza.
- 🤝Educación integral: Formación académica, crecemento persoal e educación en valores.
- 👥Acompañamento cercano: Titoría, orientación e atención persoalizada en cada etapa.
- 🛤️Traxectoria completa: Un percorrido coherente dende Infantil ata Bacharelato e FP.
- ✨Mirada ó futuro: Preparación para novos retos académicos, profesionáis e persoais.
MEDRAMOS CONTIGO
Unha liña de crecemento compartida
Dende descubrir o mundo ata construir un proxecto de futuro, cada etapa forma parte dun percorrido educativo común.
Descubrir
Infantil: explorar o mundo, expresar emocións e gañar autonomía.
Aprender
Primaria: consolidar aprendizaxes, hábitos de traballo e convivencia.
Madurar
Secundaria: medrar en responsabilidade, pensamento crítico e toma de decisións.
Escoller
Bacharelato e FP: definir o camiño académico e profesional.
Contribuir
Saír preparado para seguir aprendendo e aportar á sociedade.
